O Concello de Pontevedra enviou esta mañá unha comunicación ao estacionamento da praza de España que dende hai varias semanas ten avariado o único ascensor de acceso á praza, solicitando a súa urxente reparación.
Xa son moitas as queixas que chegaron ao Concello por este motivo dado que é o único modo accesible de poder saír do aparcadoiro, e esta situación está a ocasionar graves problemas ás persoas con mobilidade reducida ou a aquelas que empregan cadeiras de rodas, cadeiras de bebés…
O Concello está especialmente preocupado nestas datas de entroido xa que Pontevedra recibe a un grande número de persoas que empregan esta concesión municipal para estacionar os seus vehículos.
No caso de que non se resolva nun prazo razoable de tempo, o Concello poderá adoptar medidas contra a empresa concesionaria.